RGPD - Cookies
Comarcas

Este mércores hai clase en todos os centros educativos

Andando ao colexio

A Consellería de Educación informou de que este mércores, día 5 de febreiro, permanecerán abertos os centros educativos de toda Galicia.

Segundo recolle nun comunicado, ante a previsión de nivel de alerta amarelo, a consellería decidiu non suspender ningún tipo de actividade educativa, xa que o adverso permitirá a apertura con normalidade dos centros escolares, así como o transporte escolar, as actividades no exterior e as extraescolares.

A decisión de manter os centros educativos abertos débese a que as previsións meteorolóxicas garanten a seguridade para toda a comunidade educativa. A previsión de alerta vermella, lembrou o departamento autonómico, é relativa ao mar.

 

También te puede interesar