Galicia

86 feridos e un morto nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 atendeu a 84 persoas debido a 56 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana nas estradas galegas. Entre as 3 da tarde do venres e 12 da noite deste luns a central do 061 recibiu 69 chamadas en relación a accidentes de tráfico. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado, con 29 incidentes.

Os recursos sanitarios mobilizados ascenderon a 79. Así, as ambulancias medicalizadas realizaron cinco saídas; as asistenciais, 61; e as convencionais, cinco; mentres que os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en sete ocasións e o helicóptero medicalizado, nunha.

En 69 casos os feridos foron evacuados aos centros hospitalarios correspondentes, en catro ocasións foron levados ao centro de Atención Primaria correspondente, en 10 casos recibiron asistencia no lugar do accidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto do incidente.

Por provincias, Pontevedra, con 25, foi a que rexistrou o maior número de accidentes de tráfico durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña, con 19; Lugo, con sete; e Ourense, con cinco.

 

También te puede interesar