Problemas de circulación causados da neve, na provincia de Lugo

Nas estradas LU-530 y LU-701 hai, dende a tarde deste sábado, problemas circular pola acumulación de neve, logo de que a cota baixase ate os 700 metros, unha altitude que as previsións indicas que ten que empezar a subir no interior de Lugo e Ourense.

Segundo a Direción Xeral de Tráfico (DGT), no caso da LU-530, o tráfico presenta dificultades nos dous sentidos dende as 6 da tarde, especialmente no quilómetro 23, en Castroverde, e no 58, na Fonsagrada.

Polo que atingue á LU-701, dende a mesma hora hai moitísimos problemas dende o quilómetro 0, en A Fonsagrada ate o 15, no Acevo.

Este domingo, Galicia estará nunha ‘pausa’ mentres agardamos que chegue unha nova fronte o luns o que fará que a cota de neve suba ate os 1.000 metros pola noite e algo máis ao longo do día.

 

 

También te puede interesar