RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología

Galicia rexistrou ao longo de 2013 un total de 146 adopcións

Galicia rexistrou ao longo de 2013 un total de 146 adopcións de menores, das que 89 foron de carácter internacional -procedentes de 17 países distintos de todo o mundo–e 57 producíronse dentro do ámbito estatal.

Segundo indicou a directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, no pasado exercicio presentáronse 217 solicitudes en adopción nacional e 165 en internacional. Con todo, precisou, hai que ter en conta que o proceso de adopción «é longo» e non se resolve, en xeral, no mesmo ano que se presenta a solicitude, polo que as resolucións producidas en 2013 veñen de expedientes de anos anteriores.

En canto á distribución por provincias, das 57 adopcións estatais, 23 realizáronse en Pontevedra, 16 na Coruña, 10 en Lugo e oito en Ourense. Pola súa parte, das 89 asignacións internacionais, 50 foron na Coruña, 27 en Pontevedra, nove en Ourense e tres en Lugo.

Por países, a maior parte dos nenos asignados en 2013 proceden, por esta orde, de Etiopía, China, Colombia e Vietnam. Tamén producíronse adopcións en Brasil, Bulgaria, Burundi, Costa de Marfil, Filipinas, Hungría, Kazakhstan, México, Panamá, Perú, Polonia, Rusia e Ucraína.

 

También te puede interesar