Galicia

Besteiro anuncia que suspende de militancia aos 5 concelleiros socialistas de Ourense enfrontados ao alcalde

O secretario xeral do PSdeG anunciou este xoves a suspensión de militancia dos cinco concelleiros ‘díscolos’ do PSOE de Ourense que «incumpriron as súas obrigas» a deixar de asistir ás xuntas de goberno local e reunións do grupo municipal.

Esta situación mantense dende o pasado 16 de decembro, cando este grupo de críticos abandonaron unha sesión plenaria durante a votación, deixando en minoría o alcalde, Agustín Fernández.

O martes, José Ramón Gómez Besteiro advertiu– logo da apertura dun expediente disciplinario a os devanditos edis- que “non” consentiría que ningún traballador público, neste caso político, “incumpra as súas obrigas”como “servidor público”. Este mesmo xoves, as tres concelleiras que están en desacordo co alcalde, e que teñen posto na xunta de goberno non acudiron á cita, se ben dous delas presentaron ao rexedor un escrito de renuncia o pasado día 13.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.