Comarcas

Empeza a rodaxe de ‘A Esmorga’

Parte do equipo de A Esmorga, este mércores en Ourense, co director, Ignacio Vilar, no centro, acompañado polo alcalde de Ourense/Tresyuno Comunicación

 

O director Ignacio Vilar e os tres protagonistas da película, Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán ‘Morris’, presentaron este mércores na Praza Maior de Ourense a rodaxe de ‘A Esmorga’ baseada na obra de Eduardo Blanco Amor e que, segundo adiantou Vilar, xa está en marcha dende hai varios días e que o vindeiro 11 de febreiro empezará a filmarse cos actores.

 

Vilar, quen cualificou a novela coma “unha das grandes da literatura universal”, subliñou o seu compromiso coa finalidade de ser “completamente respetosos coa obra, eso sí, adaptandoa á linguaxe cinematográfica”. Para elo, os ensaios con Elejalde, que da vida a Bocas, De Lira, que será Cibrán e Morris que se transformará en Milhomes, prolónganse “12 e 14 horas ao día”, feito ao que se suman os escenarios que serán os orixinais da novela, que transcorre en Auria, nome que o autor da nela á cidade de Ourense.

A Praza Maior transformarase para voltar ao Ourense de hai 40 0u 50 anos, para rodar os exteriores, para o cal habilitaranse dúas das tendas máis coñecidas dos arredores da Casa do Concello. Aproveitarase que “a ruta da Esmorga consérvase casi na súa totalidade…prácticamente nun 80%” para que os planos reflictan a mesma e levarase a rodaxe, ademáis de As Burgas, á capela do Cristo, na Catedral, “algo que é a primeira ocasión no que se fai”, logo de obter o permiso do Obispado.

Os protagonistas, Morris (Milhomes), Miguel de Lira (Cibrán), e Karra Elejalde (Bocas)/Tresyuno Comunicación

 

A famosa taberna, recreada por Blanco Amor, será ‘O Papuxa’, en Ribadavia, “que ate conserva o chan de terra”. O Pazo de Andrade será, na rodaxe, o Pazo de Tor, en Ferreira de Pantón, unha incursión na provincia de Lugo- e propiedade da Deputación lucense- e única parte da película que non se realizará en Ourense, e para a ‘casa de putas’, o director fixo cosntruir os decorados “tal e como se narran na novela”, nunha sala de festas.

O obxectivo é de que a rodaxe dure ate finais de marzo e que, logo da posproducción e a montaxe, poda estar nos cines nos derradeiros meses deste 2014.

 

También te puede interesar