Vigo al minuto

Iberia Express aumentará os vóos Vigo-Madrid de 18 a 24 ao mes durante o verán

Iberia Express comunicou este martes o aumento de frecuencias -de 18 a 24 mensuais- do voo Vigo-Madrid durante o verán, e confirmou que aumentará as conexións de Peinador con Palma de Mallorca, xa que operará esa ruta nos meses de xullo e agosto.

O aumento de frecuencias coa capital de España será efectivo a partir de abril. Estes horarios, asegurou a compañía, están axustados para “garantir unha conexión rápida cos destinos de Iberia Express, os de Iberia e todos os das compañías que compoñen a alianza oneworld.

Por outra banda, a aerolínea tamén confirmou que manterá durante os meses estivais a conexión Vigo-Tenerife, e estenderá os voos a Palma de Mallorca tamén no mes de xullo.

 

También te puede interesar