Vigo al minuto

Manifestación contra o copagamento dos medicamentos nos hospitais, este luns

Plataformas galegas de defensa da sanidade fixeron este sábado un chamamento á poboación a manifestarse este luns, día 27 – ás 11 e media da mañá– contra o “cruel copagamento” dos medicamentos da farmacia hospitalaria, que retiran os enfermos crónicos.

A través dun comunicado, a Iniciativa Galega Pola Gratuidade da Sanidade e SOS Sanidade Pública apelan a concentrarse ante os hospitais de Monforte de Lemos, A Coruña, Ferrol, Santiago, Cee, Ribeira, Lugo, Burela, Ourense, O Barco de Valdeorras, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía de Arousa e Verín.

Esta medida, como explicaron, ten por obxectivo demandar á Xunta que “recapacite e se negue” a aplicar este copagamento, ao igual que fixeron boa parte das autonomías mesmo “gobernadas polo PP, incluída a que lidera a secretaria xeral deste partido, María Dolores de Cospedal.

“Esiximos á Xunta que recapacite e non aplique esta medida, que prexudica gravemente aos colectivos afectados pola enfermidade e que, en moitos casos, non poderán facer fronte aos pagamentos pola súa vulnerabilidade económica e social”, indicaron.

 

También te puede interesar