Galicia

A CIG denuncia ao 112 por non avisar a Salvamento dunha desaparición que acabou na morte dunha anciá

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou ante a Fiscalía de Ourense que o Centro de Atención de Emerxencias 112 non informou o Consorcio contra Incendios e Salvamento de Verín da desaparición dunha anciá no veciño concello de Monterrei, que faleceu pouco despois de ser atopada.

No texto da denuncia, o sindicato lembra que unha muller de 87 anos saíu da súa casa o pasado 4 de decembro e, ante a súa tardanza en regresar, a súa familia denunciou a situación e constituíuse un operativo con veciños, Garda Civil e voluntarios de Protección Civil de Laza.

Se ben apareceu ao día seguinte, «as baixas temperaturas que tivo que soportar durante a noite», que pasou nun prado que está pretó da súa vivenda, «fixeron que falecese aos poucos minutos de ser atopada».

Por iso, a CIG pide ao fiscal que investigue «a omisión de dar aviso» ao mencionado consorcio de salvamento, competente para esta tarefa en Monterrei, por parte do 112, á vista do resultado de falecemento dunha persoa. «Debe ser investigada para os efectos de determinar, xa non a súa transcendencia profesional, senón a súa transcendencia penal», conclúe a denuncia.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.