Vigo al minuto

7.039 personas agardan para operarse en Vigo, 33.058 para ver ao especialista e medra o tempo de espera

7.039 pacientes- 1.000 máis que o ano pasado- están á espera dunha intervención cirúrxica no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI)– á marxe dos que renunciaron ou aprazaron unha operación por iniciativa persoal-, segundo os datos presentados este venres polo xerente do mesmo.

Mario González, asegurou que, contando coa lista de agarda non estructural, produciuse un descenso na mesma do 6% -algo difícil de entender considerando que a finais de 2012 había na lista 6.000 personas-. O xerente salientou o que calificou de “excelente ratio” de indicador de entrada-saída do Chuvi, do 0,94 –ou, o que é o mesmo, que de cada 94 que ingresaron sairon 100-.

A espera media en 2013 para unha operación na área de Vigo- á marxe dos datos de Povisa- é de 95,5 días- preto de 30 maís que hai un ano, no que estaba por baixo dos 70-; un prazo que tamén aumentou no que se refire aos paciente máis graves- de prioridade 1- pasando de 14 días en 2012 a 23 días en 2013.

González informou de que o ano pasado producíronse no Chuvi case 40.000 ingresos, que nese período realizáronse 35.757 intervencións cirúrxicas -case 3.000 máis que en 2012- e o número de consultas tamén aumentou, ata chegar a 738.602.

Polo que se refire ás consultas hai 33.058 personas agardando para ver ao especialista – 7.800 menos que a finais de 2012– e que tardan unha media de 68 días en ter cita, especialmente en traumatoloxía.

No caso das probas diagnósticas, á marxe da resonancia, a demora da cal aumentou de 51 a 74 días, o resto de probas experimentaron, segundo o xerente, “unha mellora espectacular”. Así, o tempo de espera para someterse a unha ecografía pasou de 91 a 35 días; un TAC pasou de 68 a 45 días; ou unha proba de radioloxía convencional, de 61 a 32 días.

 

También te puede interesar