Vigo al minuto

O Pleno do Concello aproba o gasto do superávit cos votos de PSOE e PP e a abstención do Bloque

O pleno do Concello, que se reuniu este xoves para discutir so a a modificación presupostaria que permitirá investir case 6 millóns de euros do superávit correspondente ao ano 2012, aprobou, cos votos de PSOE e PP e a abstención do BNG, destinar a debandita cantidade á reforma no estadio de Balaídos, obras en varias parroquias, actuacións noutras instalacións deportivas, ou melloras na accesibilidade dos colexios públicos da cidade.

A tenente de alcalde, Carmela Silva, quen presentou o plan de investimentos do goberno local, e subliñou que esta medida é posible grazas á boa xestión económica do equipo de Caballero. “Temos unha contas públicas saneadas e, sobre todo, controladas”, recalcou, e engadiu que, grazas a que Vigo “cumpre como ningún outro concello” os requisitos que prevé a lei, se poderán facer eses investimentos.

Pola súa banda, o grupo municipal do Partido Popular deu o seu voto favorable á modificación presupostaria “por coherencia e responsabilidade, porque as actuacións previstas son obras necesarias e recollen algunhas das propostas” que fixeron os populares. Iso sí, logo de anunciar o seu voto favorable, o concelleiro Miguel Fidalgo, dixo que este plan de investimentos é un “parche ante a nefasta xestión do alcalde” quen, sinalou, “aínda non presentou os orzamentos de 2014, que é o que Vigo necesita”.

A voceira do BNG xustificou a abstención do seu grupo alegando que os investimentos previstos con ese superávit non abondan, “o que teriamos que estar a aprobar é os presupostos de 2014, porque hai necesidades dos cidadáns que van máis alá deses investimentos”, asegurou.

Iolanda Veloso criticou que o goberno local non se esforce en achegar os recursos públicos ás persoas que máis o necesitan, e criticou que o alcalde non quera nin discutir de que os parados de longa duración teñan un bonobús gratuíto. “Aquí apróbanse subvencións a billetes de avión, pero non de autobús“, concluiu…iso sí, sen votar en contra.

 

También te puede interesar