Vigo al minuto

O xulgado ordena ao Concello que pague máis de 400.000 € polo aluguer do ‘Edificio Asefal’

Edificio Asefal/Tresyuno Comunicación

O Concello terá que pagar 400.000 € á compañía de seguros ‘La Fe’, polo alugueiro do ‘Edificio Asefal’, dacordo coa orde dictada o pasado día 8 deste mes polo xulgado que obriga á execución provisional da sentencia de xullo do ano pasado que da a razón á compañía aseguradora.

A devandita compañía presentara unha demanda contra o concello polo impago do aluguer dende xaneiro de 2011 a xuño de 2012, tal e como sinala a sentenza de hay seis meses- que foi recorrida polo Concello ante a Audiencia Provincial.

Agora o xulgado insta a que se execute parte da mesma e que ‘La Fe’ reciba 414.000 € en concepto de rendas impagadas e intereses ordinarios, máis outros 6.000 € en por intereses e custos da execución.

Segundo indicou este martes o grupo municipal do Partido Popular, os servizos xurídicos do Concello emitiron un informe dirixido á Xunta de Goberno Local, no que afirman que «debe procederse pola Intervención-Tesouraría Municipal» ao pagamento desa cantidade, así como á entrega dun certificado de bens municipais, que tamén reclama o xulgado, co fin de proceder en caso de non pagamento ao embargo deses bens, dado que contra o auto de execución “non cabe recurso algún”.

En xullo de 2012, a compañía de seguros presentou unha demanda por non pagamento contra o Concello de Vigo, aducindo que non percibira as rendas correspondentes ao período entre xaneiro de 2011 e xuño de 2012. No proceso xudicial, a administración local alegou que comunicara a propietaria do inmoble a súa intención de rescindir o contrato e deixar o edificio a partir de xaneiro de 2011.

Ainda así, a xuíz considera que o contrato seguiu en vigor porque, se ben o Concello comunicou a súa intención de deixalo e entregar as chaves, a realidade foi que varias entidades- como a  Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, Faimevi; o Instituto de Estudios Vigueses e a Fundación Carlos Casares seguiron tendo a súa sede no Edificio Asefal.

Mesmo o Concello alegou que esas institucións facían uso do edificio sen o seu consentimento e que a demanda debía dirixirse contra elas, pero a xuíz considerou que a administración local seguía sendo a arrendataria. Tampouco aceptou a maxistrada a proposta municipal de pagar solo polos espazos que ocupaban estes tres organismos -un aluguer de 100.000 €-, xa que o contrato se fixera para todo o edificio.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.