Vigo al día

O alcalde sube a 10 millóns a cantidade para investimentos, sumando ao superávit 4 millóns de Aqualia

O alcalde nunha entrevista concedida a vigoalminuto/Tresyuno Comunicación

O plan de orzamentos para os próximos meses en Vigo consta dun importe de 10 millóns de euros, suma dos 5,9 millóns do superávit de 2012 máis os investimentos de Aqualia para 2014, que superan os 4 millóns de euros. O alcalde explicou que estas cifras serán “gran xeradoras de emprego”.

O plan de investimentos do superávit de 2012 cun importe de 5,9 millóns de euros foi hoxe á comisión informativa, paso previo ao seu debate plenario o próximo xoves, 23 de xaneiro. O rexedor salientou que é o resultado “dunha boa xestión: o primeiro é ter un nivel de débeda por debaixo do de España, e Vigo é o concello en réxime común menos endebedado”.

En canto aos investimentos de Aqualia para 2014 cun orzamento de 4.167.000 € se humanizarán certas rúas viguesas, renovaráse o saneamento e o abastecemento no casco urbano, así como otras rúas da cidade.

 

También te puede interesar