Vigo al minuto

Caballero asegura que o Concello aprobou todas as becas de comedor solicitadas

O Concello  “aprobou todas as becas de comedor que foron solicitadas” este curso, segundo asegurou o alcalde quen engadiu que, ata outubro concedéronse 4.996, ás que se engaden as 453 que estaban en lista de agarda, “co cal quedan cubertas o 100% de todas as solicitudes, achegándonos a 5.500 becas este ano”.

Abel Caballero indicou que o Concello adica a este programa 1,6 millóns de euros, un 14% más que no curso anterior, “e un 500% máis que cando este goberno empezou a súa xestión” e asegurou que agardan que se presenten, aínda entre 500 e 1.000 solicitudes máis “que serán atendidas, todas elas”.

O alcalde sinalou que as peticións de becas serían máis no caso de que os comedores escolares que o solicitaron fosen ampliados, algo que lembrou é competencia da Xunta e, coa nova Lei de Reforma Local non pode asumir o Concello, “aínda que imos ampliar esos comedores o diga ou non a lei”, como é o caso do Colexio García Barbón.

 

También te puede interesar