Comarcas

O alcalde de Nigrán lamenta que se despida personal da AG-57 e pide á Xunta que baixe o custo da peaxe

O alcalde de Nigrán lamentou a decisión da Xunta que permite a Autoestradas de Galicia retirar persoal das cabinas de cobramento da AG-57, alegando escaseza de tráfico.

Alberto Valverde amosou o seu pesar pola perda de postos de traballo e pediu que se abra un período de “reflexión e análise” para buscar unha solución, e formulou que, se o problema é a falta de tráfico, “a solución debería pasar por abaratar o custo da peaxe, atraendo así máis usuarios”.

Valverde defende que se implante a gratuidad nos traxectos da AG-57 na bisbarra do Val Miñor, e así transmitirao á Xunta nun escrito que enviará en próximos días, segundo explicaron fontes municipais.

 

También te puede interesar