Vigo al minuto

O BNG califica de “falsos” e “absurdos” os cálculos do alcalde para “negar” o bonobús aos parados

A voceira do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego calificou como “falsas” as contas que manexa o alcalde para “negar o bonobús aos parados de longa duración, de xeito que poidan viaxar gratis” no Vitrasa.

Iolanda Veloso asegurou que Abel Caballero “fai uns cálculo absolutamente absurdos e unhas previsións completamente desproporcionadas”, xa que, salientou, baséanse no feito de que solicitasen todos os parados de longa duración da cidade, que fixesen 4 viaxes ao día, todos os días do ano.É unha posibilidade maximalista. Non se cumpre en ningún caso, en ningunha outra tarxeta”.

Veloso subliñou que a actitude do alcalde débes á “súa falta de vontade” política para implantar esa medida, e advertiu de que o seu grupo seguirá mantendo a proposta. “Non admitimos que se nos diga que quebraría as arcas municipais, porque é radicalmente falso”, indicou, ao tempo que subliñou que o o BNG non presentou alternativas para financiar ese bonobús porque “aínda non temos o borrador dos orzamentos”.

 

También te puede interesar