Sucesos

Arrestado o autor dun atraco, a punta de pistola, a unha gasolineira de A Rúa

A Guardia Civil detivo a J.L.G.A., de 40 anos, que na mañá deste luns atracou, a punta de pistola, unha gasolineira no concello ourensán de A Rúa, e fuxiu cuns 1.000 €. Segundo informa o Instituto Armado, ás 8 da mañá a Guardia Civil tivo coñecemento dun atraco nunha gasolineira de Repsol na Rúa, onde un individuo ameazou unha empregada cunha arma de fogo e se apoderou do que había na caixa.

O individuo deuse á fuga nun vehículo, onde o esperaba outra persoa. A Guardia Civil estableceu un dispositivo de peche, busca e localización e interceptou, ás 9 da mañá na localidade leonesa de Toral de los Vados, o coche co condutor, que foi detido.

 

También te puede interesar