Galicia

A CIG denuncia a privatización do servizo de esterilización dos centros hospitalarios

A Confederación Intersindical Galga (CIG-Saúde) demandou da Consellería de Sanidade, o pasado 4 de decembro, a confirmación ou desmentido da información que circulaba polos centros hospitalarios do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) segundo a que, a finais dese mesmo mes, se procedería á publicación do concurso para a privatización do servizo de esterilización dos centros hospitalarios. Desde a consellaría non houbo resposta algunha, pero si a publicación do concurso o pasado 2 de xaneiro. A CIG-Saúde denuncia que para que pasara desapercibido, o anuncio para esta privatización foi publicada no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) e nin sequera se informou aos servizos afectados.

Segundo a publicación no DOUE o contrato do servizo ascendería a 132 millóns de euros, máis IVE. Para a CIG-Saúde o máis grave é que para a súa privatización “non se tivo en conta a opinión dos profesionais, xa que nin sequera foron previamente consultados ou recibiron comunicación algunha”. A data prevista para o inicio dos procedementos de adxudicación é o 1 de marzo e a CIG-Saúde exixe a súa paralización e que a concesión non chegue a ser formalizada.

A central sindical explica que os hospitais públicos do Sergas contan cos certificados de calidade ISO 9001 que “garante a excelencia e calidade do traballo”. Este control dos estándares de calidade tamén se fai polos servizos de medicina preventiva dos hospitais. O conxunto do traballo e do control de calidade é prestado por persoal sanitario (TCAEs, enfermeiras e médicos) e “se isto pasa a mans dunha empresa privada tal e como vén de confirmarse estariamos a falar da privatización da ‘bata branca’, esa que dixeron, tanto a conselleira, como o propio presidente da Xunta que non se ía producir, denuncia o sindicato.

A CIG-Saúde advirte do encarecemento de todo o proceso se realmente se chega a efectivizar, xa que o material tería que ser trasladado en camións blindados, con sistemas que preserven un determinado nivel de humidade. De non ser así, o traslado deste material contaminado, en medios de transporte convencionais sería un risco para a poboación.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.