RGPD - Cookies
Galicia

Segundo o BNG, eliminar asesores da Presidencia da Xunta aforraría seis veces máis que reducir deputados

O voceiro parlamentario do BNG asegurou este domingo, nunha entrevista concedida á Cadena Ser que «suprimir a estrutura de asesores» do presidente da Xunta, «suporía un aforro seis veces superior ao presunto aforro que representaría a redución de escanos no Parlamento que pretende o Partido Popular».

Segundo Francisco Jorquera, “o Partido Popular non pretende outra cousa que asegurar, a través dunha reforma electoral, feita única e exclusivamente á medida dos seus intereses, reter unha maioría absoluta que sabe que neste momento ten perdida na sociedade”.

O nacionalista subliñou que o PP tamén utiliza o argumento do aforro para «suprimir institucións básicas do autogoberno» e «reducir en democracia» pois «a actual lei electoral provoca que canto máis reducido sexa un Parlamento «maior sexa a distorsión que provoca a Lei D’Hont á hora de primar a representación das forzas políticas maioritarias».

 

También te puede interesar