Sucesos

Queiman dúas ambulancias do 061 en Pontevedra e Bueu

Dúas ambulancias asistenciais do 061 – valoradas cada unha delas nuns 60.000 €- arderon na madrugada deste domingo e Pontevedra e Bueu, e investígase se os incendios están relacionados e puideron ser provocados.

No caso de Pontevedra, os Bombeiros so poideron apagar o lume que calcinou unha das ambulancias pasadas as 3 da maña na central do 061 na Avenida de Vigo. Os Bombeiros de O Morrazo achegáronse a Bueu, case á mesma hora, logo do aviso de que outra ambulancia estaba ardendo preto da xefatura da Policía Local, no Concello.

O pasado 7 de decembro de 2012, nun suceso semellante, unha ambulancia apareceu metida no mar, no peirao de Canido.

 

También te puede interesar