Vigo al día

Pedro Nimo del Oro, en homes, e Sofía Freaza, en mulleres, gañan ‘Correndo por Vigo’

Podium da proba/FOTOGRAFÍA: www.correndoporvigo.hol.es

Pedro Nimo del Oro, fíxose coa victoria na 3ª Edición de Correndo por Vigo, que se disputou este domingo na cidade sobre un recorrido de 10.000 metros. Nimo del Oro cruzou a meta cun tempo de 31 minutos e 30 segundos, seguido de Daniel Bargiela, con 31:47, Rafael Fuentes Lubián, con 32:48.

Entre as mulleres, a primeira clasificada foi Sofía Freaza, con 39 minutos e 55 segundos, seguida de Ana María Alonso, con 40:04 e Miriam Chapela, con 41:24.

Esta edición foi organizada por Carlos Miguel.com xunto co Mercado do Calvario e a Asociación de Veciños e Comerciantes del Calvario, contando coa colaboración doConcello e o soporte técnico de Running Solutions e percorreu Urzaíz, Pizarro, Travesía de Vigo , Aragón, Urzaíz, Portela, Palencia e Sagunto para voltar a Urzaíz.

 

También te puede interesar