Vigo al minuto

Afectados polas Preferentes maniféstanse este luns nos Xulgados de Vigo

As Plataformas de Afectados por as Preferentes de Vigo e Val concentraranse este luns ante os Xulgados  despois de que esta fin de semana coñecesen a decisión de arquivar a causa contra un afectado acusado de coaccionar traballadores de Novagalicia Banco.

Segundo explicaron, nun primeiro momento, esta mobilización foi convocada ante a citación a declarar deste afectado para este luns, como imputado por coaccionar e insultar os traballadores da entidade, cuestión que non terá lugar xa que este sábado coñeceron que o banco solicitou o arquivo da denuncia.

Con todo, ante esta nova situación, a Plataforma decidiu seguir adiante coa concentración, que terá lugar ás 10 e media da mañá para reclamar a Xustiza que “esixa seriedade aos responsables da entidade”. Posteriormente, os afectados farán un percorrido por varias sucursais da cidade que finalizará na Praza da Independencia.

 

También te puede interesar