Plataformas das Preferentes celebrarán unha asamblea en Compostela o luns

As Plataformas de Afectados polas Preferentes e Subordinadas celebrarán o próximo luns, día 13 de xaneiro (8 da tarde no restaurante ‘A Nave de Vidán’), unha asemblea informativa aberta na que analizarán a nova situación á que se enfrontan os afectados que aínda non recuperaron os os seus aforros tras venda de Novagalicia Banco a Banesco.

A Plataforma invitou a asistir a esta asemblea a todas as persoas afectadas polas distintas entidades financeiras que comercializaron produtos tóxicos, participasen previamente ou non nas distintas accións reivindicativas levas a cabo nos últimos meses.

No encontro, estudarase a situación dos 35.000 afectados que non recuperaron aínda a totalidade dos seus aforros por importe de máis de 500 millóns de euros tras a venda de Novagalicia Banco, así como as accións emprendidas polas plataformas para coñecer as condicións da venda.

Ademais, informarase sobre as demandas xudiciais interpostas polos afectados, como única vía aberta neste momento, despois de “ser abandonados á súa sorte polas administracións públicas” e tras o proceso de troco e quitas obrigatorias e o fin da arbitraxe.

 

También te puede interesar