Galicia

A Volta 2014 rematará en Compostela e pasará polas catro provincias galegas

O Director Xeral de Unipublic afirmou que a Volta de 2014, que se disputará do 23 de agosto ao 14 de setembro, “ofrece espectáculo, emoción e intensidade” e agradeceu o xesto de Madrid pola “xenerosidade” de ceder a tradicional última etapa a Santiago.

A Volta 2014 é xa unha realidade. A situación é complicada para todos, pero unha vez máis e grazas ao apoio e cariño de institucións, patrocinadores, medios e, sobre todo, público puidemos deseñar un percorrido que ofrece un nivel de espectáculo, emoción e intensidade, como só o esforzo e talento dos ciclistas é capaz de prover”, dixo Javier Guillén.

Na presentación oficial do percorrido, celebrada no Pazo de Congresos de Cádiz, Guillén, destacou a novidade este ano da etapa final, que historicamente coroou ao xersei vermello no Paseo da Castelá de Madrid e que nesta ocasión se disputará en forma de contra o reloxo individual en Santiago.

“Se Madrid, capital do ciclismo, foi e será o escenario do noso podio final, para esta edición e grazas á xenerosidade e comprensión da capital de España, a testemuña desta importante etapa seralle cedido a Santiago de Compostela, lugar que é para o peregrino e será para o ciclista O Final do Camiño. Grazas Madrid, grazas Santiago,” indicou.

A rolda concluirá en Galicia, punto de arranque en 2013 e que terá “unha Volta dentro doutra Volta”, con cinco etapas por todas as súas provincias da Coruña, Pontevedra, Ourense e Lugo, que verán ciclismo en liña, montaña e contra o reloxo, aínda que a penúltima etapa terá a meta no leonés Alto de Ancares.

 

También te puede interesar