Vigo al minuto

O alcalde quere un ‘edificio franco’ na Panificadora que sería compatible coa biblioteca do Estado

O alcalde propuxo este xoves a creación dun ‘edificio franco’ no ámbito da Panificadora que “sería perfectamente compatible” coa instalación alí da biblioteca do Estado. Así o plantexou á delegada do Estado na Zona Franca que, segundo Acabel Caballero amosouse disposta a “estudar a proposta”.

Caballero indicou que a intención é que o Consorcio da Zona Franca, “retome a súa implantación en ámbitos da cidade” xa que, comentou, en anos anteriores, “se tomaron decisións afastadas de Vigo e é o momento de tomar decisións que teñan que ver co verdadeiro motor económico deste territorio”.

Na reunión con Teresa Pedrosa, o rexedor tamén lle formulou a necesidade de acometer un plan de infraestruturas que inclúa melloras nos viais onde está implantada Zona Franca, como Balaídos, ademáis, o alcalde reclamou a este organismo que instale en Vigo as futuras ‘incubadoras’ empresariais dos sectores da gastronomía e aeroespacial e apuntou que hai espazos dispoñibles e listos para ser usados no centro da cidade.

 

También te puede interesar