A choiva e o vento non nos deixan

Galicia verase afectada este mércores polo paso dunha nova borrasca, menos profunda que as de días anteriores, pero máis preto do país. Por iso, o ceo estará nubrado, con chuvascos intermitentes.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, o vento soprará moderado de compoñente Sur, con intervalos fortes no litoral atlántico.

Pola súa banda, as temperaturas non experimentarán cambios significativos. Así, por cidades, as máximas ascenderán ata os 16 graos en Ferrol, 15 en A Coruña e 14 en Ourense, Pontevedra e Vigo (que terá unha mínima de 11º) mentres que as mínimas descenderán ata os dez graos de Lugo, Santiago e Ourense.

 

También te puede interesar