Cultura

Tosar excluido da gala de Implicadas por participar nun vídeo machista

Segundo informa Galicia Confidencial, a asociación Implicadas no Desenvolvemento decidiu excluir ao actor Luís Tosar da IX edición do ‘Implícate! Noite de música e palabra solidaria’, unha gala na que as artistas colaboran de xeito desinteresado para chamar á solidariedade das galegas a través dunha conciencia crítica.

A razón desta exclusión ten que ver coa participación de Tosar no vídeoclip “Hey, hey, hey” do grupo chileno ‘Los tres’ que ten causado unha fonda polémica neste país. “Dame la escopeta porque le voy a disparar a la mujer de mi vida que me acaba de traicionar”. Así comeza a letra do último tema deste grupo.
http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=wvNlTTD5kV0
Tosar pediu desculpas nunha carta que lle mandou a asociación. “Entendo que non hai lugar para excusas e sinto todos os trastornos que isto está causando. Nese sentido pídovos que non fagades extensiva a vosa indignación co colectivo de Implicadas, o único responsable disto son eu”, sinala.

 

También te puede interesar