Galicia

O mar tira o muro frontal do santuario de A Barca, en Muxía

O santuario de A Barca, en Muxía, este mediodía/ Foto: Carlos Eugenio

O temporal, o vento e, especialmente, a forza do mar, veñen de derrubar o muro frontal do santuario de A Barca, en Muxía, que xa estaba parcialmente destruido logo de se declarase nel un lume o Día de Nadal.

O feito, segundo veciños de Muxía cos que falou esta redación, rexistrouse pasadas as 10 da mañaá, logo de que o mar aislase completamete a igrexa e logo, as ondas, que chegaron a sobrepasar os 8 metros, botasen abaixo a pedra.

Aínda que “hai xente traballando alí pero fai moi mal tempo e non poden facer moito”. A iso engádese que o concello está a sufrir os efectos da choiva e o vento- con refachos de preto de 100 quilómetros hora-.

 

También te puede interesar