Vigo al minuto

Ás 6 da tarde deste domingo, Cabalgata de Reis

A Súa Maxestade o Rei Baltasar, este domingo, acudindo a un hospital a visitar aos nenos/Tresyuno Comunicación

A obra do escritor Julio Verne será o tema sobre o que versen as 13 carrozas que participan este domingo na Cabalgata de Reis. As mesmas estarán acompañadas de varios grupos de música que formarán unha comitiva na que participarán máis de 1.200 persoas. Nesta edición-por primeira vez e para extremar a seguridade- todo o percorrido da Cabalgata permanecerá valado, haberá 8 axentes de seguridade rodeando cada carroza, ademais dun ‘cinto humano’ formado por 350 persoas (300 voluntarios e 50 persoas de Proteccion Civil) situados diante das valas de protección. O dispositivo de seguridade inclúe postos de emerxencias nos cruces con Alfonso XIII -onde haberá ademais unha zona reservada para personas con mobilidade reducida- e con Colón e puntos de encontro de nen@s perdidos na Porta dol Sol e na la igrexa Santiago de Vigo. Tamén se mobilizarán efectivos de bombeiros, de Policía Local e de limpeza. Ao longo do evento repartiránse a lo menos, 4.000 kilos de caramelos sen glútem.

A comitiva real sairá ás 6 da tarde do Nudo de Isaac Peral e seguirá polas rúas García Barbón e Policarpo Sanz e a chegada, á Porta do Sol, está prevista ao redor das 9 da noite.

Tráfico

Dende as 9 da mañá deste domingo non se permite o aparcamento en todo o percorrido e os cortes de tráfico comezarán ás 4 da tarde en: Sanjurjo Badía-Enrique Lorenzo; saída autopista Isaac Peral; Areal-Oporto; Areal- “Paelleira”; Colón Areal; Paseo de Alfonso; López de Neira-Doutor Cadaval; Alfonso XIII; Urzáiz-Lepanto; Urzáiz-México; Urzáiz-Vázquez Varela; Miragaia-Rosalía de Castro; Candeleiro-Rosalía de Castro; Oporto-Rosalía de Castro; República Arxentina.

Entre as 10 da mañá e o mediodía, Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán hospitais e centros sociais e, a continuación, as súas Maxestades achegaránse ao Auditorio Municipal, no Concello.

 

También te puede interesar