Un novo temporal barre Galicia

Unha intensa borrasca, situada no norte, déixase sentir en Galicia dende a medianoite deste sábado con chuvias que caeron toda noite, acompañadas de treboadas con aparato eléctrico- que aínda seguían a primeira hora da mañá e que fixeron que caesen, ate as 8 da mañá, máis de 500 raios en toda a Comunidade, especialmente entre as 12 da noite e as 4 da mañá- e sarabia durante moitos momentos.

Como anticipaba a alerta, durante as primeiras horas deste sábado houbo refachos que superaron os 100 quilómetros por hora, acumulación de choivas superiores aos 80 litros e ondas de máis de 8 metros de altura ás que, nas vindeiras horas, súmanse a chegada de aire frío e deixará moita inestabilidade.

Durante o resto do día predominarán os ceos moi anubrados, con chuvias xeneralizadas máis significativas pola mañá. A cota de neve estará sobre os 1000 metros baixando a 800 metros pola tarde. As temperaturas descenderán entre lixeira e moderadamente tanto as mínimas como as máximas. En Vigo teremos unha máxima de 12º e unha mínima de 7, mentres que en Lugo o termómetro baixará ate os 4 graos.

 

También te puede interesar