Vigo al minuto

Milleiros de personas saen á rúa a disfrutar do Certame de Rondallas

A Rondalla Helios de Bembrive iniciando o desfile no Calvario/Tresyuno Comunicación

Non podía empezar mellor a fin de semana da chegada dos Reis Magos á cidade. Este sábado milleiros de personas saíron á rúa a disfrutar das cinco agrupacións que participaron no Certame de Rondallas de Vigo. Dende o Calvario – donde o alcalde e o concelleiro de Distritos e Comercio, Ángel Rivas deron a saída pasadas as 6 menos cuarto- ate a Príncipe, os músicos, de todas as idades, despertaron a admiración dos espectadores que sacaban fotografías ou tomaban imaxes de vídeo cos teléfonos móbiles.

Membros da rondalla de Freixo/Tresyuno Comunicación

As rondallas de Bembrive, Beade, Zamáns, Freixo e Valadares amosaron porqué son algunhas das máis importantes e admiradas do país co seu dominio do pasarrúas e dos instrumentos musicais, dende a gaita ate o anciño, a táboa de lavar ou a serra.

Centos de personas seguiron ás actuacións/Tresyuno Comunicación

O desfile, logo de pasar polo Calvario, baixou por Urzaíz e Príncipe, antes de chegar á Porta do Sol onde, diante de centos de personas, se fixo a ‘loita’ de bandeiras e abandeirad@s.

O Certame de rondallas é unha das ducías de actividades do ‘Programa de Nadal 2013’ do Concello, que abrangue Campamentos no Vigozoo, nas Ludotecas e nos Centros Cívicos; Contacontos, Música, Deporte, Circo, o ‘Parque Infantil de Nadal’ e que chega, este domingo, ao seu punto culminante coa Cabalgata de Reis, dende ás 6 da tarde do nudo de Isaac Peral, logo da recepción ás Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar, na Porta do Sol, unha hora antes.

 

También te puede interesar