Galicia

Máis de 500 raios e refachos de ata 134 quilómetros hora, este sábado en Galicia

Máis de 500 raios caeron en Galicia dende as 12 da noite ata o mediodía deste sábado, segundo detallan os datos recollidos polo sistema de detención de descargas eléctricas de MeteoGalicia. Ademáis, os ventos chegaron a a superar os 134 quilómetros por hora nos municipios pontevedreses de Cuntis e Oia, mentres que a estación de altura situada en Carballeda de Valdeorras, rexistrou refachos de 145 quilómetros por hora.

Segundo MeteoGalicia, as máximas precipitacións recolléronse na provincia de Pontevedra, nos concellos de Forcarei, Cotovade e Fornelos de Montes alcanzáronse os 38 litros por metro cadrado.

 

También te puede interesar