RGPD - Cookies
Galicia

A neve fai obrigatorio o uso de cadeas na LU-633, á altura do Cebreiro

A nevada que afecta á zona montañosa de Lugo e Ourense está a causar dificultades de circulación na LU-633 á altura de O Cebreiro, segundo os datos da Direción Xeral de Tráfico (DGT). O mal tempo afecta á esta estrada entre os puntos quilométricos 0 e 18 en ambos os dous sentidos de circulación, pola presenza de neve.

Segundo informa Tráfico, é obrigatorio o uso de cadeas ou pneumáticos de inverno a causa destas condicións meteorolóxicas. Ademais, está prohibido o paso de autobuses, camións ou vehículos articulados.

Ademáis, a neve condiciona a circulación na a-52 á altura de A Mezquita, en Ourense, entre os puntos quilométricos 111.85 e 125, en ambos os dous sentidos.

 

También te puede interesar