Vigo al minuto

A comarca de Vigo pechou 2013 con 64.648 parad@s, o 36% sen prestación algunha

A comarca de Vigo pechou 2013 con 64.648 personas anotadas nas listas das oficinas de emprego, 180 delas o pasado mes de decembro. Segundo os datos do Ministerio de Emprego, na cidade, 132 desempregad@s sairon desas listas, aínda que a cifra de veciñ@s sen traballo é de 33.915. Deles 579 na agricultura e pesca, 4.948 na industria, 3.086 na construción, 22.493 no sector servizos e 2.809 entre os que estaban sen emprego anterior. De todos eles, 12.335, máis do 36%, non cobraban prestación algunha.

Nos 27 concellos do sur de Pontevedra so en 8 non medrou o número de parad@s: As Neves, Ponteareas, Baiona, Moaña, Gondomar, Pazos e Fornelos, no resto aumentou o desemprego, tanto no mes pasado como no cómputo de todo o 2013.

No conxunto de Galicia, sempre según os datos oficiais, hai 12.757 afiliados menos á Seguridade Social que hai un ano, dato que é aínda máis preocupante tendo en conta que, dacordo con información oficiais, so no primeiro semestre de 2013 emigraron 12.854 personas.

Polo que se refire ao tipo de contratos, asináronse 52.762 en total– 2.987 menos que en novembro.- aínda que 7.983 máis que no mesmo mes de 2012. Deles, 49.180 foron temporais- 93,2%- e 3.582, indefinidos – un 6,8%-.

Dos 271.063 parados rexistrados nas oficinas de emprego, dacordo cos datos oficiais, 120.778 non perciben ningún tipo de prestación, o que supón o 44,5% de todos eles.

 

También te puede interesar