Galicia

Os empregados da Xunta poderán traballar dende casa e flexibilizar os seus horarios

Por primeira vez, o Diario Oficial de Galicia (DOG) regula esta modalidade laboral que permite a 17.000 persoas de carácter funcionario conciliar a vida laboral e familiar.

Na fórmula da flexibilidade horaria, queda excluido o persoal de Xustiza, empregados dos centros docentes e do Sergas, debido á natureza das súas funcións. Establécense tres tipos de horarios: un xeral, de 7,45 a 15,15 horas; un flexible por conciliación familiar, vinculado a traballadores con fillos menores de 12 anos ou maiores ao seu cargo. Neste caso, dentro dunha marxe entre as 7,30 e as 18,30 horas.

A terceira modalidade é a flexibilidade automática que, a cal poderá acollerse calquera empregado público. Poderá flexibilizarse o horario mais aló das 18.30 sempre que o centro administrativo permaneza aberto e como máximo ata as 20.00 horas. Os interesados deberán solicitalo a través da intranet da Xunta.

Outra das novidades que introduce a normativa é a modalidade de teletraballo, sendo efectiva un máximo de tres días á semana. poderán acollerse os empregados públicos que teñan implantado no seu centro o sistema Kronos e que, por tanto, conten cunha acreditación dixital, deberán xustificar experiencia en postos técnico-funcionais.

A Xunta elaborou un primeiro estudo, no que se determinaron mais de 2.500 postos de traballo repartidos en todas as Consellerías para esta opción de trabajo. O traballador deberá facer a correspondente solicitude a través do Portal do Empregado Público e o órgano competente disporá de tres meses de prazo para emitir a correspondente autorización.

También te puede interesar