Este venres mellora o tempo antes da entrada dunha fronte, moi forte, o sábado

O litoral galego seguirá este venres, día 3, en alerta por ondas do noroeste de entre 4 e 8 metros de altura. O aviso será amarelo ata o mediodía e cambiará a laranxa a partir das 12.

Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico para este venres publicado por MeteoGalicia, se prevén ondas do noroeste de catro a seis metros de altura. A partir do mediodía o aviso será de nivel laranxa no litoral galego por ondas de entre 6 e 8 metros de altura.

Este venres será unha xornada de transición, aínda que continuará a influencia das borrascas que se moven polo Norte xerando ondas de mar de fondo. Ademais, MeteoGalicia avisa con nivel amarelo ao litoral da Coruña por vento no mar do sueste forza 7 durante toda a xornada deste venres.

Polo que se refire ao tempo, dende este venres Galicia quedará durante esta xornada nunha situación intermedia, á espera da chegada dun novo sistema frontal moi activo para o día seguinte. Isto fará que teñamos en xeral os ceos anubrados, con apertura de claros no leste da Comunidade; as chuvias terán un carácter débil e quedarán máis concentradas no oeste da Coruña e en puntos da provincia de Pontevedra. Xa contra a noite comezaremos a sentir os efectos da nova fronte, con aumento de nubes e chuvias polo oeste. As temperaturas estarán sen cambios ou con lixeiros descensos. Por cidades as máximas se rexistrarán en A Coruña, Ferrol en Pontevedra, con 15 graos, en Vigo teremos 14 –cunha mínima de 12– mentres que Lugo será onde noten máis o frío con unha baixada ate os 8º.

O sábado, chega unha intensa borrasca situada no norte que achegará aire frío e deixará moita inestabilidade. Deste xeito predominarán os ceos moi anubrados, con chuvias xeneralizadas máis significativas pola mañá no oeste, onde poden vir acompañadas de aparato eléctrico e sarabia. A cota de neve estará sobre os 1000 metros baixando a 800 metros pola tarde. As temperaturas descenderán entre lixeira e moderadamente tanto as mínimas como as máximas. En Vigo teremos unha máxima de 12º e unha mínima de 7, mentres que en Lugo o termómetro baixará ate os 4 graos.

 

También te puede interesar