Comarcas

Estos días, ten coidado na estrada

Ante o aumento do número de desplazamentos por estrada estas datas, o 061 insta a aumentar as medidas de prevención e lembra a conveniencia de empregar os sistemas de seguridade activa, como os cintos, casco e cadeiras infantis. A ausencia dos mesmos fai que as lesións sexan moito máis graves en caso de accidente. A velocidade é outro dos factores determinantes, como o consumo de alcohol.

As lesións en accidentes son a primeira causa de morte prematura en Galicia. O ano pasado, nas mesmas datas, o 061 atendeu 89 accidentes, con 131 feridos e 4 mortos entre os días 28 de decembro e 1 de xaneiro.

Cómo actuar en caso de accidente

Unha vez se ten producido un accidente é fundamental actuar correctamente para evitar aumentar o número de vítimas. É importante non intervir se non se sabe cómo; e sempre avisar canto antes, para que acudan os servizos de emerxencia, marcando o 061.

O que se debe facer antes de auxiliar nun sinistro de tráfico, é aparcar o coche nun sitio seguro, afastado do accidente, e prender as luces de emerxencia.Deberase poñer roupa reflectante ou rechamante, pero nunca escura. Así mesmo,sinalizarase o accidente 200 metros antes e despois do lugar no que ocorreu.

Outra das medidas a realizar será apagar as luces e retirar as chaves do vehículo sinistrado e considerar a existencia de perigos engadidos como pode ser o desprendemento de gases, incendios, cables eléctricos, entre outros.

Así mesmo, a persoa que se atopa no lugar do sinistro pode ser de grande utilidade, seguindo as indicacións orientativas transmitidas polo persoal do 061-Galicia ata a chegada dos recursos especializados. Na chamada ao 061canto máis datos se lle dean máis se axudará a este organismo na súa tarefa.

É necesario facilitar o emprazamento exacto e correcto do lugar do accidente e o estado dos feridos para que se poidan enviar os recursos sanitarios necesarios dependendo da gravidade do suceso.

O que non se debe facer nunca é poñer en perigo a propia vida. Para iso, antes de atender aos accidentados, hai que adoptar as medidas de seguridade axeitadas, xa que de nada serviría aumentar o número de vítimas. Igualmente, e salvo que haxa perigo de incendio ou novas colisións, non se debe mover a ningún ferido, xa que poderían agravarse as súas lesións.

Unha vez valorada a situación do accidente e informado o 061-Galicia, hai algunhas cousas que se poden facer para axudar no sinistro, sempre baixo a supervisión do profesional médico de Urxencias Sanitarias que en cada momento indicará cómo actuar. Deberase actuar sempre mantendo as medidas de seguridade e de autoprotección para evitar novos accidentes.

É importante lembrar que o 061 é un servizo que funciona as 24 horas, os 365 días do ano e que moitas vidas pódense salvar se son tratadas dun modo axeitado.


 

También te puede interesar