Vigo al minuto

Este mércores, día 1 sube a luz,a autopista, o tren, Vitrasa, a gasolina e a recollida do lixo

Os vigueses empezaremos 2014 co encarecemento da electricidade, fixado finalmente no 2,3%, e incrementos nos prezos das peaxes de autoestradas, billetes de tren, Vitrasa, combustibles e recollida de lixo.

A suba da luz determinouse a finais deste ano nun real decreto lei que recolle un aumento do 1,4% para o custo da enerxía e outro do 0,9% correspondente á parte regulada, coñecida como peaxes. A suma de ambos os dous compoñentes dá como resultado o incremento final do 2,3%.

Pola súa parte, o prezo da peaxe da AP-9, subirá unha media do 1,85% a partir deste 1 de xaneiro: o traxecto A Coruña-Vigo situarase en 15,30 € -está en 15,05- e Ferrol-Tui superará os 20 €.

A suba non afectará ás dúas dependentes da Xunta así, o incremento das tarifas tras a aplicación do IPC interanual non supera os cinco céntimos en ningún dos traxectos das autoestradas AG-55 (Val Miñor) e AG-57 (A Coruña-Carballo).

En canto ao transporte por ferrocarril, Renfe subirá un 1,9% o prezo dos billetes dos trens de Proximidades, Media Distancia, tanto convencional como Avant, e Feve a partir do día 1 , segundo informou a operadora.

Tamén sube o Vitrasa: o Concello aprobou un incremento de 8 céntimos no billete ordinario de, un aumento que non afectará aos bonos- que seguirán en 86 céntiomos a viaxe. Elo supón que o viaxe normal pasa de 1,24 a 1,32 €.

Unha das principais novidades que inclúen os presupostos da Xunta para 2014 é a aplicación dunha suba do imposto sobre hidrocarburos o que suporá un incremento de 3,6 céntimos no gasóleo e de 2,4 céntimos en gasolina, e unha recadación adicional de 53 millóns de euros para o Goberno galego, que se destinarán a gasto sanitario.

O aumento non afectará, non obstante, ao sector profesional (aos transportistas), que tributará como ata agora, nin ao gasóleo de usos especiais, que é o que se emprega en sector primario e en calefacción.

Isto implica que o gasóleo pasará en Galicia dos 12 € por cada 1.000 litros (ou 1,2 céntimos por cada litro) actuais a 48 € por cada 1.000 litros (ou 4,8 céntimos por litro). Pola súa banda, a gasolina subirá dende os 2,4 céntimos que se aplican neste momento a 4,8 céntimos.

Outra das polémicas dos últimos meses estivo protagonizada pola suba, nun 33,5%, do canon que aplica Sogama aos concellos pola recollida e o tratamento do lixo, e que suporá un aumento do 33,5% na factura.

Esta medida, que implicará en torno a 1 euro mensual no caso de que os municipios o repercutan á factura de cada fogar, será efectiva dende o mes de marzo ao fracasar o acordo dos grupos parlamentarios para que os presupostos recollesen o seu atraso ata o mes de xullo.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.