Este Nadal, concerto da Banda de Música Popular de Rubiós

As Neves ten un completo 'Nadal Cultural'/Tresyuno Comunicación

Logo de éxitos das dúas primeriras propostas,  a actuación de ‘eurovisiva’ Lucía Pérez, que encheu o Auditorio Municipal, de ‘Música, exercicio e saúde para as Festas do Nadal’ xunto co Concerto-Festival d@s Alumn@s da Escola Municipal de Música de As Neves, e o ‘Concerto de Panxoliñas’, nas voces de dúas das máis importantes corais de Galicia, a ‘Coral Santa María, de Pazos de Borbén’ e a “Santa María de As Neves’.o pasado xoves, as actividades volven esta semana.

Este mércores, día de Nadal, chega ao ‘Nadal Cultural’ de As Neves, unha das actuacións máis agardadas do ano: a Concerto da Banda de Música Popular de Rubiós, no Auditorio, ás 7 da tarde. Hai que lembrar que a ‘Banda Municipal de Rubiós’, cunha historia de máis dun século, e que o verán de 2012 celebrou os 25 anos da súa refundación, é un dos referentes da música popular galega, cunha traxectoria de actuacións que a levaron dentro e fora do país.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.