Sucesos

933 incidencias causadas polo temporal dende a madrugada do martes

Rúa Porriño, en Coia/Tresyuno Comunicación

O temporal de vento e chuvia que azoutou a Galicia provocou que o Centro de Atención a Emerxencias do 112 rexistrase durante a noite do luns ao martes e as primeiras horas do día de Noiteboa un total de 933 incidencias.

Segundo informou a Xunta, as provincias costeiras foron as que concentraron o maior número de intervencións, sobre todo A Coruña -470- e Pontevedra -320, seguidas de Lugo-101 incidentes- e Ourense con 42.

O maior volume de chamadas á central de Emerxencias do 112 concentrouse ata as 5 da madrugada madrugada do luns ao martes, con case 600 chamadas; outras 347 foron atendidas ata o mediodía de hoxe.

A maior parte dos incidentes estivo relacionada con ramas de árbores caídas nas estradas, inundacións na rede viaria e en vivendas, e problemas co material e os servizos eléctricos, aínda que non houbo danos persoais graves.

Os valores máximos rexistrados de sorte de vento, superaron os 150 quilómetros por hora en Fisterra e máis de 140 quilómetros por hora en Estaca de Bares.

En canto aos cortes de luz, segundo fontes de Fenosa, á 1 da tarde deste martes baixara o número de cidadáns afectados, dende os máis de 88.000 rexistrados ás 8 da mañá, ata 23.029.

As previsións apuntan que o temporal está a remitir, e a partir do mediodía se levanta a alerta por vento e chuvia nas provincias de A Coruña e Lugo. Con todo, se mantén a alerta laranxa, só por chuvia, ata a noite, nas provincias de Pontevedra e Ourense. Tamén está prevista unha alerta laranxa por neve a partir das 6 da mañá nos concellos do sur de Ourense, onde se acumularán ata 10 centímetros de neve por enriba dos 800 metros.

O 112 aconsella consultar a súa páxina web, que conta con información meteorolóxica, recomendacións e con enlaces de interese.

 

También te puede interesar