Sucesos

Salvamento Marítimo rescata ao tripulante dun barco na costa de Ribeira

Unha embarcación de Salvamento Marítimo rescatou na madrugada deste luns ao tripulante dun barco que se atopaba en dificultades na costa de Ribeira logo de que un particular dese a alarma pasadas as 3 e media da mañá do pasado venres. O tripulante lanzou varias bengalas dende a súa posición, fronta á Praia de Touro.

Inmediatamente, o 112 deu aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou á Salvamar Sargadelos e o helicóptero de Salvamento Pesca 1.

Finalmente, foi aquel buque quen rescatou ao tripulante, que non precisou de asistencia médica. A embarcación foi remolcada ata o porto de Ribeira.

 

También te puede interesar