Vigo al minuto

Os membros do Comité de Personal de Povisa, xulgados por protestar dentro da Delegación da Xunta, absoltos

Os traballadores de Povisa, o pasado mes de agosto, na delegación da Xunta en Vigo/Tresyuno Comunicación

Os 17 membros do Comité de Personal de Povisa, compareceron este luns ante o titular do xulgado de instrución número 5 de Vigo no xuizo de faltas tras a denuncia interposta pola Policía Autonómica pola ocupación da sede da Xunta na cidade, o pasado 5 de agosto., foron absoltos logo de que a Fiscalía indicase que non había motivo para a súa condena.

Segundo a denuncia, os feitos aconteceron na mañá do 5 de agosto, en pleno conflito dos traballadores do hospital en defensa do seu convenio colectivo, cando un grupo de case un centenar de persoas se colou no interior do inmoble. Sentados no chan, entoaron cantos reivindicativos e esixiron a mediación da delegada do Goberno galego na cidade, María José Bravo Bosch, ante a empresa.

A denuncia recolle que estas persoas “obstaculizaban o normal funcionamento dos servizos dese edificio e que, malia os requirimentos dos axentes de Policía, se negaban a depoñer a súa actitude, polo que foron desaloxados“.

 

También te puede interesar