Vigo al minuto

AFAN recibirá este ano 97.000 € do Concello e evitará o peche

Tensi Fernández e Abel Caballero, este luns, en confianza/Tresyuno Comunicación

O alcalde visitou as instalacións da Asociación de Axuda ao ecesitado (AFAN) e eloxiou o “espléndido traballo” que realiza a Asociación e a súa presidenta, Tensi Fernández, “que está aquí día e noite. Abel Caballero salientou que este ano o Concello aportou 97.000 € unha cantidade que “casi quintuplica” os 20.000 € que entregaba o municipio o ano 2011.

Atrás quedaron as críticas da presidenta de AFAN á actitude de Caballero e, afortunadamente, o perigo de que a asociación deixe de traballar a prol das 500 familias ás que atende e que a piques estivo de acabar no peche da mesma o pasado mes de xuño, cando as débedas que tiña superaban os 20.000 €. Naquelas datas, a propia Tensi anunciou que non podía seguir adiante e que AFAN non tiña recursos para rematar o mes.

O alcalde lembrou que, no ano 2013, o concello incrementou nun 750% o apoio aos comedores sociais da cidade con respecto a hai dous anos, sumando un total de 636.000 €, “nada que ver co que está a facer a Xunta, que rebaixou un 12% as partidas de Benestar…a mesma cantidade na que aumentaron as aportadas polo Concello”.

Con estas accións, engadiu Abel Caballero “tratamos de cubrir as necesidades” provocadas pola crise e comentou que “hai unha parte da cidade que o está a pasar moi mail e a cidade está tratando de resolver o problema o mellor que pode con toda esta aportación”.

 

 

 

También te puede interesar