Vigo al minuto

AFAN recibirá este ano 97.000 € do Concello e evitará o peche

Tensi Fernández e Abel Caballero, este luns, en confianza/Tresyuno Comunicación

O alcalde visitou as instalacións da Asociación de Axuda ao ecesitado (AFAN) e eloxiou o “espléndido traballo» que realiza a Asociación e a súa presidenta, Tensi Fernández, “que está aquí día e noite. Abel Caballero salientou que este ano o Concello aportou 97.000 € unha cantidade que “casi quintuplica” os 20.000 € que entregaba o municipio o ano 2011.

Atrás quedaron as críticas da presidenta de AFAN á actitude de Caballero e, afortunadamente, o perigo de que a asociación deixe de traballar a prol das 500 familias ás que atende e que a piques estivo de acabar no peche da mesma o pasado mes de xuño, cando as débedas que tiña superaban os 20.000 €. Naquelas datas, a propia Tensi anunciou que non podía seguir adiante e que AFAN non tiña recursos para rematar o mes.

O alcalde lembrou que, no ano 2013, o concello incrementou nun 750% o apoio aos comedores sociais da cidade con respecto a hai dous anos, sumando un total de 636.000 €, “nada que ver co que está a facer a Xunta, que rebaixou un 12% as partidas de Benestar…a mesma cantidade na que aumentaron as aportadas polo Concello”.

Con estas accións, engadiu Abel Caballero «tratamos de cubrir as necesidades» provocadas pola crise e comentou que «hai unha parte da cidade que o está a pasar moi mail e a cidade está tratando de resolver o problema o mellor que pode con toda esta aportación».

 

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.