Comarcas

Vendido en O Rosal, con 1.000 afectados polas Preferentes, parte de O Gordo

Admistración de O Rosal que vendeu parte do 62.246

Non é que a sorte veña a compensar o sufrimento dos 1.000 veciños -dos 6.500 que ten O Rosal- e que están afectados pola compra de Preferentes, pero non está nada mal que parte de O Gordo de Nadal, o 62.246, caese neste concello.

Santiago Villa, dono da administración de lotería de O Rosal, atende aos compañeiros dos medios de comunicación

Alí a administración de lotería de Santiago Villa, na rúa Ramón Franco 13, vendeu algún décimos –en total uns 4 millóns- do número premiado o cal, agarda, leve na carteira algún dos aforradores estafados, “ainda que na familia non nos quedamos con este número”.

Se hai unha Plataforma de Afectados que teña acudido a todos os actos institucionais, plenos municipais, que se coñeza pola súa loita contra a inxustiza padecida por milleiros de pequenos aforradores que viron como os deixaban sen os cartos froito do traballo de toda unha vida, é a de O Rosal, que é, tamén o que ten máis membros “cosidos a multas” por manifestarse en toda provincia, dende a Deputación ate os xulgados de Tui, pasando polos salóns de Gondomar, As Neves, Nigrán, Tui, Mos ou Baiona, aos que levan dous anos esixindo que lles devolvan o que é seu.

Xulio Vicente, voceiro da Plataforma, asegurou a vigoalminuto que él personalmente non leva este número e que «non sei a quen tocoulle», ainda que subliña que «O Gordo caeu en O Rosal logo de que dos mil afectados so quedemos 15 sen cobrar o que tiñamos nas Preferentes». Vicente lembra a loita dos veciños afectados que, lamenta, «agora temos que ver como facemos fronte aos 20.000 € que temos en multas por manifestarnos para recuperar os nosos cartos…eso é o que terá que explicar o subdelegado do Goberno e varios alcaldes».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.