Seis mulleres, membros de Ve-la luz, seguirán coa súa folga de fame en Nadal

Seis mulleres, vítimas de violencia de xénero, da Asociación Ve-La Luz continuarán en folga de fame este Nadal para reivindicar as súas demandas baseadas na protección de menores e a protección das vítimas evitando a perpetuación do maltrato a través dos fillos.

Nun comunicado, a asociación lembrou que estes son uns “obxectivos mínimos para garantir o 100%» da protección á muller e ás menores vítimas de violencia de xénero, unha protección que, como denuncia, «non figura entre as prioridades nin de institucións nin dos órganos profesionais de xustiza».

Ve-la luz critica que o Goberno asegure que lle preocupan «os que van nacer» cando, na actualidade, «miles de menores en Galicia non toman leite e as súas familias se ven imposibilitados polos recortes para cubrir as necesidades máis básicas».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.