RGPD - Cookies
Vigo al día

Estafados polas Preferentes satisfeitos polo anuncio de Escotet, agardan sentarse para recuperar os seus aforros

As Plataformas de Afectados polas Preferentes de Vigo e O Val Miñor calificaron de “bombazo” o compromiso do presidente de Banesco- o banco que ven de mercar Novagalicia Banco- de resolver o problema dos aforradores en 90 días.

“Este anuncio é o que agardabamos os afectados logo de levar dous anos pelexando contra todo o mundo”. Os afectados remitiron un mail a Juan Carlos Escotet -logo de que se coñecese que Banesco fixose co control de NGB- no que solicitaban unha xuntanza para chegar a un acordo sobre a súa situación. A resposta, subliñan, chega coas declaración públicas de Escotet, ainda que agardan pechar unha data para sentarse a falar.

Agora, a única vía que lles queda aos estafados e a xudicial, por iso agardan saber cómo vai a solucionar ainda que, recoñecen, “ábrese unha porta o que fará que este Nadal sexa moi distinto dos anteriores”.

Ainda así, as plataformas de afectados manterán as mobilización ate que teñan “unha garantía real” de que “todos e cada un dos que fumos estafados imos recuperar os nosos cartos”. Os aforradores, ademáis adiantan que, se o proceso remata de xeito satisfactorio “animaremos á xente a levar os seus aforros” á nova entidade que xurda da unión de NGB e o Banco Etcheverría.

 

También te puede interesar