Galicia

Este venres, folga de 24 horas en Renfe e Adif

Renfe e Adif afrontan este venres unha xornada de folga de 24 horas convocada por CGT, Sindicato Ferroviario e o Sindicato de Circulación Ferroviaria para “a defensa do emprego e contra a privatización”.

Trátase dunha medida de protesta pola segregación da operadora ferroviaria e polas plans de movilidad laboral do xestor da infraestructura.

Estes dous sindicatos minoritarios rexeitan o acordo que Renfe alcanzou co resto de formacións sindicais polo que, co inicio do próximo ano, a empresa reestruturarase en catro sociedades: tres recibirán os actuais negocios da empresa -transporte de viaxeiros, tráfico de mercadorías e talleres – e a cuarta alugará trens a outros operadores.

A folga é a continuación do calendario de paros parciais que estes dous sindicatos minoritarios levaron a cabo nos dous últimos meses, e á xornada de paro de 24 horas do pasado 5 de decembro.

Ante iso, os servizos mínimos fixados polo Ministerio de Fomento garanten a circulación do 72% dos AVE e Longa Distancia Programados, así como o 65% dos trens de Media Distancia e do 62% dos de vía estreita (Feve).

En canto aos Proximidades, os servizos mínimos decretados por Fomento prevén a circulación do 50% dos trens, porcentaxe que se eleva ata o 75% nas franxas de hora punta.

No caso de Adif, os servizos esenciais establecen que os traballadores que se consideran necesarios para cubrir os servizos esenciais representan un 20,2% do total para cada un dos días de folga.

 

También te puede interesar