RGPD - Cookies
Vigo al día

Vigo acollerá o ano que ven a primeira grande bolsa de contratación turística internacional

Coa mesma se pretende posicionar ás Rías Baixas no mercado europeo. Trátase, en palabras do presidente da Deputación de Pontevedra de organizar un evento «que nunca antes sefixera e que busca converter a esta provincia nun referente no sector turístico».

Así se puxo este martes de manifesto en Pontevedra durante a sinatura dun convenio de colaboración entre a Deputación e a Fundación Escola de Organización Industrial (EOI), e en virtude do cal, esta escola achegará 380.000 € para a organización do evento, que se completará cunha partida de 20.000 € da Deputación.

Sobre a elección de Vigo para celebrar a primeira grande bolsa de contratación turística internacional, Rafael Louzán explicou que como «fixeran esta negociación durante a celebración de Bolcotur en Vigo entendían que era un lugar axeitado para unha próxima edición».

A finalidade deste evento é poñer en contacto ás empresas deste sector nas Rías Baixas cos principais touroperadores europeos e internacionais, promovendo así a «internacionalización da oferta turística das provincia, contribuíndo á consolidación do destino e corrixindo o problema da estacionalidade».

O presidente da Fundación EOI, Fernando Bayón, subliñou que a súa función neste caso «é que veñan touroperadores europeos para abrir a oferta á comercialización internacional». Tanto Bayón como o subsecretario de Estado de Turismo, Enrique Hernández Bento, incidiron en que as Rías Baixas son un destino «potente» que ten a vantaxe de poder «ofertar un produto diferente ao sol e praia», incluíndo outras motivacións como as relacionadas co «mundo cultural, o mundo natural, gastronómico, turismo de aventura».

 

 

También te puede interesar