Coa mesma se pretende posicionar ás Rías Baixas no mercado europeo. Trátase, en palabras do presidente da Deputación de Pontevedra de organizar un evento «que nunca antes sefixera e que busca converter a esta provincia nun referente no sector turístico».
Así se puxo este martes de manifesto en Pontevedra durante a sinatura dun convenio de colaboración entre a Deputación e a Fundación Escola de Organización Industrial (EOI), e en virtude do cal, esta escola achegará 380.000 € para a organización do evento, que se completará cunha partida de 20.000 € da Deputación.
Sobre a elección de Vigo para celebrar a primeira grande bolsa de contratación turística internacional, Rafael Louzán explicou que como «fixeran esta negociación durante a celebración de Bolcotur en Vigo entendían que era un lugar axeitado para unha próxima edición».
A finalidade deste evento é poñer en contacto ás empresas deste sector nas Rías Baixas cos principais touroperadores europeos e internacionais, promovendo así a «internacionalización da oferta turística das provincia, contribuíndo á consolidación do destino e corrixindo o problema da estacionalidade».
O presidente da Fundación EOI, Fernando Bayón, subliñou que a súa función neste caso «é que veñan touroperadores europeos para abrir a oferta á comercialización internacional». Tanto Bayón como o subsecretario de Estado de Turismo, Enrique Hernández Bento, incidiron en que as Rías Baixas son un destino «potente» que ten a vantaxe de poder «ofertar un produto diferente ao sol e praia», incluíndo outras motivacións como as relacionadas co «mundo cultural, o mundo natural, gastronómico, turismo de aventura».
